Unha voz que nace da memoria

Mariña Lestón actriz, creadora e traballadora cultural. A súa obra explora as raíces, a oralidade e a emoción colectiva. Compaxina a creación escénica coa produción e a divulgación cultural, sempre co foco posto en Galicia e na súa identidade.

Formación

Graduada en Interpretación Textual pola ESAD de Galicia

Especialización

Posgrao en Xestión, Estratexia e Innovación Cultural (USC).

Creativa

Dramaturga, directora e intérprete das súas propias pezas

Colaboracións

Colaboradora en proxectos institucionais como o Centro Dramático Galego

Costa da Morte

Cartografía dun Naufraxio

Un espectáculo sobre os naufraxios da nosa costa,

a memoria do mar e as voces silenciadas. Unha peza multidisciplinar onde conflúen a música en directo, o testemuño e a poesía escénica. Unha homenaxe a quen partiu… e a quen quedou na terra.

  • En coprodución co Centro Dramático Galego

  • Estreada en 2025, con máis de 20 funcións en dous meses

  • Representada en espazos singulares e festivais internacionais

A palabra como vehículo

O Faladoiro de Escénicas

Un programa de entrevistas a profesionais do teatro galego, ideado e conducido por Mariña para Radio Neria. Un espazo de reflexión, memoria e comunidade. Escoita as conversas e mergúllate no sector escénico dende dentro.

  • Emitido en Radio Neria

  • Subido a Spotify e iVoox

  • Representada en espazos singulares e festivais internacionais

O que din da súa obra

nós diario

TEMPOS DIXITAL

ERREGUETÉ GAL

rne audio

Galicia por diante. RG.

O mar, a terra e a escena

As imaxes da obra “Costa da Morte” transmiten a forza simbólica e visual que caracteriza o traballo de Mariña. Unha estética coidada que convida á emoción e á reflexión colectiva.